Investigador/a en simulación cuántica analóxica de interaccións de alta enerxía / Researcher in analogue quantum simulation of high-energy interactions
Prazo PechadoPERTE47-25-INV-SCAE
1
Documentación da convocatoria
Documentación do proceso
-
13/11/2025 14:24Resolución provisional de persoas admitidas e excluidas/Provisional resolution of persons admitted and excluded/Resolución provisional de personas admitidas y excluidas
-
24/11/2025 09:09Resolución definitiva de persoas admitidas e excluidas/ Final resolution of persons admitted and excluded/Resolución definitiva de personas admitidas y excluidas
-
26/11/2025 16:20Corrección Erros Resolución Definitiva de persoas admitidas e excluidas/Corrección Errores Resolución Definitiva de personas admitidas y excluidas/Error Correction Final Resolution of admitted and excluded persons
Descrición do posto
Perfil
O posto ten como cometido a realización de tarefas de deseño, adquisición, instalación, configuración, posta en operación e servizo de arranque inicial das infraestruturas e servizos dos proxectos do Plan Estratéxico da RES 2021-2024
Requisitos
- Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou as súas equivalentes. A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento:
- Ciencias da Terra.
- Física e astronomía.
- Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
- Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
- Enxeñaría informática e de sistemas.
- Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
- Matemáticas e estatística.
- Química
- Experiencia: Non se require.
- Outros: Non se require.
Duración do contrato e condicións laborais
- Dende a sinatura ata a finalización do proxecto PERTE47 (establecida inicialmente para o 30 de xuño de 2026).
- Inicio previsto: novembro 2025.
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario
32.493,02 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W
Funcións
As necesarias para o desenvolvemento axeitado do programa de investigación. Para iso, levará a cabo, entre outras, as seguintes tarefas:
- Tarefas de análise, simulación e estudo de erros correlacionados en computadores cuánticos.
- Participación en proxectos de desenvolvemento e testaxe de software de control e simulación de hardware cuántico.
- Publicación e difusión de resultados redactando informes técnicos e de xestión relacionados co proxecto e preparando publicacións en revistas científicas. Presentará os resultados en congresos internacionais, organizará workshops, e seminarios e se encargará da difusión dos resultados.
- Participación no despregue e evolución de infraestruturas colaborando na implementación e mellora das plataformas e ferramentas necesarias para o desenvolvemento do proxecto garantindo a escalabilidade das solucións empregadas no proxecto.
- Documentación e mantemento do software desenvolvido
- Tarefas xerais de apoio ao proxecto. Dende a asistencia a reunións científicas e de xestión con grupos internacionais, participación en conferencias e cursos especializados, elaboración de informes e presentacións, ata outras tarefas asociadas ao correcto desenvolvemento e monitorización do proxecto de investigación.
Para o correcto desenvolvemento destas tarefas, a persoa seleccionada deberá manter interacción con equipos internacionais de investigación, polo que se require unha capacidade de comunicación fluída en inglés, tanto oral como escrita.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Prazo pechado
O prazo para presentar candidaturas para esta oferta xa está pechado.
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10