Responsable/director da PMO do proxecto de Espazo de Datos

Activa
Referencia:

EDD-25-DTOR

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil

O posto ten como cometido liderar a execución integral do proxecto, asegurando a correcta planificación, seguimento e cumprimento dos obxectivos definidos en cada un dos paquetes de traballo. O seu rol será central na articulación entre os equipos técnicos, legais, financeiros e de comunicación, garantindo a coherencia das actividades e a calidade dos entregables. 

Así mesmo, será responsable de facilitar a colaboración entre as distintas entidades participantes, promovendo un modelo de gobernanza transparente e sostible.

Requisitos

  • Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou as súas equivalentes.
  • Experiencia: 8 anos de experiencia profesional.
  • Outros: Non se require.

Duración do contrato e condicións laborais

  • Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife  (prevista inicialmente para o 30/06/2026).
  • Inicio previsto: decembro 2025.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario

80.000 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

As necesarias para o desenvolvemento axeitado do proxecto Demostrador Multisectorial Datalife. Para iso levará a cabo as seguintes tarefas:

  • Liderado e coordinación integral do proxecto, asumindo a responsabilidade principal  da      Xestión do mesmo, encargándose de asegurar a correcta planificación, execución e seguimento de todas as actividades.
  • Deseño, implementación e seguimento do plan de traballo, establecendo fitos, entregables e indicadores de rendemento, e garantindo a coherencia entre os diferentes paquetes técnicos que integran o proxecto (modelo de negocio, formación e comunicación, despregue tecnolóxico e casos de uso).
  • Xestión administrativa, técnica e financeira do proxecto, incluíndo a definición, seguimento e implantación dos sistemas de control orzamentario,      reporte e xustificación de gastos ante fondos europeos (MRR), así como o dos relativos ao seguimento do cumprimento da normativa de contratación pública.
  • Coordinación de equipos multidisciplinares e as entidades colaboradoras.
  • Control de calidade e xestión de riscos, asegurando a entrega en prazo e forma dos entregables relativos á xestión e execución do proxecto      (informes de seguimento, informes cuadrimestrais e informe final de obxectivos), así como a trazabilidade documental.

Outras tarefas que sexan necesarias para acadar o éxito do proxecto e os resultados previstos.

Documentación requirida

Solicitude Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 31/10/2025 08:00
Límite de presentación: 14/11/2025 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10