Técnico/a especialista en administración científico-técnica

Activa
Referencia:

EDD-25-TEADMON

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil

O posto ten como obxecto realizar tarefas administrativas e de apoio organizativo no marco do demostrador multisectorial DATAlife.

A persoa contratada será responsable de xestionar documentación, organizar reunións, facer seguimento de prazos e apoiar na preparación de informes, contribuíndo ao correcto desenvolvemento do proxecto. 

Requisitos

  • Titulación: Nivel 1 (Formación Profesional ) segundo o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011, do 15 de xullo ou as súas equivalentes.
  • Experiencia: Non se require.
  • Outros: Non se require.

Duración do contrato e condicións laborais

  • Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife  (prevista inicialmente para o 30/06/2026).
  • Inicio previsto: decembro 2025.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario

23.646,42 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W

Funcións

O cometido do posto será a execución das actividades de ámbito administrativo e secretaría do proxecto demostrador multisectorial DATAlife. 

Desenvolverá, principalmente, as seguintes tarefas: 

  • Realizar o traballo administrativo de apoio á execución, seguimento e xustificación das actuacións vinculadas ao proxecto, incluíndo a preparación e organización da documentación necesaria.
  • Apoiar o control de prazos, fitos e requisitos administrativos precisos para o cumprimento das obrigas establecidas no marco do demostrador.
  • Contribuír á coordinación administrativa entre os diferentes axentes implicados, asegurando a correcta canle de comunicación e o intercambio de información administrativa e documental.
  • Desempeñar tarefas de secretaría, incluíndo a organización de axendas, atención a participantes e colaboradores, xestión de comunicacións, organización de viaxes e reunións, así como a elaboración e arquivo de documentación asociada ao proxecto.
  • Apoiar na elaboración de informes e documentación para a xustificación administrativa e económica do demostrador.
  • Realizar todas aquelas tarefas administrativas adicionais que se consideren necesarias para garantir o bo desenvolvemento e xustificación do proxecto.

Documentación requirida

Solicitude Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 31/10/2025 08:00
Límite de presentación: 14/11/2025 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10