Coordinador/a de marco legal de datos e análise de negocio
Prazo PechadoEDD-25-COOR-MLD-AN
1
Documentación da convocatoria
Documentación do proceso
-
28/11/2025 16:17Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas
-
12/01/2026 17:24Resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas / Final resolution of admitted and excluded people
-
22/01/2026 13:51Criterios de valoración de méritos / Merit assessment criteriaArquivos: EDD_CriteriosValoracioÌn_T2_signe2.pdf
-
30/01/2026 09:54LISTA INFORMATIVA PROCESO SELECTIVO ETAPA VALORACIÓN CURRICULARArquivos: EDD_ListadoInformativo_T2_Asinado.pdf
-
05/02/2026 11:32Resolución provisional puntuación final / Provisional resolution final score
-
24/02/2026 16:16Acordo puntuación final / Final score agreementArquivos: EDD2_AcordoFinalT2_Asinado.pdf
-
24/02/2026 18:44Resolución definitiva do proceso de selección / Final resolution of the selection process
Descrición do posto
Perfil
O posto ten como obxecto liderar, organizar e coordinar as actividades relacionadas co modelo de negocio, a estrutura de gobernanza e o marco legal no marco do demostrador multisectorial DATAlife.
A persoa contratada será responsable de orientar e guiar o traballo técnico nestes ámbitos, consolidar resultados e asegurar que as propostas sexan coherentes, viables e útiles para a continuidade do proxecto.
Requisitos
- Titulación: Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo ou as súas equivalentes.
- Experiencia: Non se require.
- Outros: Non se require.
Duración do contrato e condicións laborais
- Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife (prevista inicialmente para o 30/06/2026).
- Inicio previsto: decembro 2025.
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario
34.419 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.
Funcións
As necesarias para apoiar o desenvolvemento axeitado do proxecto no seu ámbito xurídico. Para iso levará a cabo principalmente as seguintes tarefas:
- Planificar e organizar as actividades relacionadas co modelo de negocio, a estrutura de gobernanza e o marco legal, elaborando cronogramas e definindo fitos.
- Coordinar o traballo técnico de negocio e legal, garantindo unha execución ordenada e aliñada cos obxectivos do proxecto.
- Guiar ao equipo na definición do modelo de negocio, da estrutura de gobernanza de datos e do marco legal.
- Validar, desde unha visión global, a integración das achegas xurídicas e de negocio.
- Apoiar o desenvolvemento de liñas de financiamento e sustentabilidade a medio e longo prazo, contribuíndo á definición de estratexias de relación con empresas e entidades participantes.
- Fomentar a coordinación transversal con outras áreas do proxecto, garantindo que o traballo de negocio e legal quede correctamente aliñado cos obxectivos globais.
- Trasladar os riscos identificados e coordinar a elaboración e implantación das recomendacións de medidas preventivas.
- Coordinar ao equipo técnico e xurídico para a integración no modelo de negocio dos aspectos de gobernanza, interoperabilidade e explotación de datos.
- Documentar boas prácticas e recomendacións que favorezan a continuidade e sustentabilidade do demostrador no futuro.
- Outras tarefas de carácter xurídico e económico-financeiro que sexan necesarias para apoiar a execución do proxecto no período de duración do contrato.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Prazo pechado
O prazo para presentar candidaturas para esta oferta xa está pechado.
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10