Técnico/a de investigación en análise de negocio
ActivaEDD-25-TINV-AN
1
Documentación da praza
Descrición do posto
Perfil
O posto ten como do analizar e apoiar a avaliación da sustentabilidade económico-financeira e científico-técnica do demostrador multisectorial DATAlife.
A persoa contratada contribuirá á elaboración e mellora de modelos de negocio baseados na economía do dato, participará no seguimento de indicadores de sustentabilidade e colaborará na coordinación económico financeira.
Requisitos
- Titulación: Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior recollido no Real decreto 1027/2011, do 15 de xullo, ou as súas equivalentes.
- Experiencia: Non se require.
- Outros: Non se require.
Duración do contrato e condicións laborais
- Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife (prevista inicialmente para o 30/06/2026).
- Inicio previsto: decembro 2025.
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario
32.493,02 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.
Funcións
As necesarias para o desenvolvemento axeitado do proxecto no seu ámbito económico-financeiro. Para iso levará a cabo as seguintes tarefas:
- Recoller e analizar información do ecosistema multisectorial One Health (saúde, agroalimentario, medio ambiente), identificando necesidades básicas, barreiras e oportunidades relacionadas co uso de datos.
- Facer vixilancia estratéxica de cara a incorporar as experiencias e boas prácticas doutros proxectos de espazos de datos (IDSA, Gaia-X, etc.), trasladando conclusións útiles para DATAlife.
- Contribuír á definición do modelo de negocio do demostrador, identificando a proposta de valor para os diferentes axentes implicados, os segmentos de usuarios obxectivo, os mecanismos de relación e entrega de servizos, e a estrutura operativa necesaria para a súa execución.
- Colaborar co equipo técnico e xurídico para a integración no modelo de negocio dos aspectos de gobernanza, interoperabilidade e explotación de datos.
- Contribuír ao deseño e implantación do modelo de financiamento a medio e longo prazo, incluíndo tarifas de uso de servizos, convenios de colaboración e captación de fondos públicos e privados.
- Contribuír á elaboración do marco de explotación económica, elaborando as propostas técnicas de imputación de custos.
- Colaborar no seguimento de indicadores (KPIs) de sustentabilidade económica, social e ambiental, elaborando informes de apoio para o equipo do proxecto.
- Colaborar na definición da estratexia de relación con clientes e socios (pemes, startups, grandes empresas tractoras, entidades públicas), favorecendo a adopción do demostrador.
- Apoiar na relación con entidades participantes e potenciais novos socios, facilitando a súa incorporación ao demostrador.
- Realizar outras tarefas de apoio económico-financeiro que sexan necesarias para a correcta execución do proxecto durante o período de contratación.
Calquera outras funcións que sexan necesarias para acadar o éxito do proxecto no seu ámbito de responsabilidade.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.
Información importante:
- Revisa todos os campos obrigatorios
- Sube os documentos en formato PDF
- Verifica que o teu email sexa correcto
- Recibirás confirmación por email
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10