Coordinador/a de promoción e formación do Espazo de Datos

Activa
Referencia:

EDD-25-COOR-PROM-FORM

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil

O posto ten como cometido planificar, dirixir e coordinar de maneira integral as accións de comunicación, promoción e formación do proxecto Demostrador Multisectorial Datalife.

O seu cometido principal será garantir a coherencia global das accións de visibilidade, transferencia e capacitación, coordinando o traballo do persoal técnico de promoción e formación, así como a interlocución con entidades colaboradoras, provedores e participantes do proxecto.

Ademais, asegurará o cumprimento das obrigas de comunicación e publicidade asociadas á financiación pública, a correcta execución do plan formativo e a difusión dos resultados científicos e tecnolóxicos do proxecto.

Requisitos

  • Titulación: Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou as súas equivalentes, nos seguintes ámbitos de coñecemento:
    • Xornalismo, comunicación, publicidade e relacións públicas.
  • Experiencia: Non se require.
  • Outros: Non se require.

Duración do contrato e condicións laborais

  • Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife  (prevista inicialmente para o 30/06/2026).
  • Inicio previsto: decembro 2025.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario

34.419,00 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

As necesarias para o desenvolvemento adecuado do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife. Para iso levará a cabo as seguintes tarefas:

  • Planificar e organizar as actividades de formación e promoción vinculadas ao demostrador multisectorial DATAlife, establecendo prazos, fitos e prioridades.
  • Dirixir a liña de traballo en formación e promoción do demostrador multisectorial DATAlife.
  • Dirixir a definición do plan formativo e de comunicación do proxecto, incluíndo: obxectivos, públicos destinatarios, metodoloxías, accións prioritarias e indicadores de avaliación.
  • Validar os contidos e materiais asociados ás accións de difusión, promoción e capacitación.
  • Supervisar o desenvolvemento de actividades formativas, eventos e campañas de promoción.
  • Favorecer a coherencia entre accións de comunicación, formación e difusión, de maneira que transmitan unha imaxe clara e consistente do proxecto.
  • Fomentar a coordinación transversal con outras áreas do proxecto, garantindo que o traballo de negocio e legal quede correctamente aliñado cos obxectivos globais.
  • Establecer alianzas e colaboracións con outras institucións ou centros de referencia para facilitar a formación externa, difusión mutua e o intercambio de boas prácticas.
  • Garantir que as actividades de formación e promoción cumpran cos requisitos e obrigas asociadas ao financiamento.
  • Calquera outras funcións necesarias para acadar o éxito do proxecto e o cumprimento dos seus obxectivos no ámbito da promoción e da formación.

Documentación requirida

Solicitude Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 31/10/2025 08:00
Límite de presentación: 14/11/2025 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10