Coordinador/a de innovación e despregamento do Espazo de Datos

Activa
Referencia:

EDD-25-COOR-INN

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil

O posto ten como cometido prestar apoio na xestión técnica do proxecto, sendo clave na posta en marcha do espazo de datos e dos seus módulos de servizo, así como no desenvolvemento e validación dos casos de uso.

A persoa contratada será a encargada de coordinar o despregue e a operación da Plataforma Tecnolóxica do Espazo de Datos do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife.

Requisitos

  • Titulación: Nivel 3 (Grao + Master) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou as  súas equivalentes. En concreto nas seguintes ramas de coñecemento:
    • Enxeñaría Informática.
    • Física e Astronomía.
    • Matemáticas e estatística.
    • Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
    • Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
    • Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
    • Bioloxía e xenética.
  • Experiencia: 8 anos de experiencia profesional.
  • Outros: Non se require.

Duración do contrato e condicións laborais

  • Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife  (prevista inicialmente para o 30/06/2026).
  • Inicio previsto: decembro 2025.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario

80.000 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

As necesarias para o desenvolvemento adecuado do proxecto Demostrador Multisectorial Datalife. Para iso levará a cabo as seguintes tarefas:

  • Planificar e coordinar o deseño e despregue da Plataforma do Espazo de Datos, asegurando que cumpra cos obxectivos técnicos e funcionais establecidos.
  • Supervisar a implantación, operación e mantemento da infraestrutura tecnolóxica, garantindo a súa estabilidade, escalabilidade e seguridade.
  • Elaborar, implementar e facer seguimento do Plan de Xestión de Datos (Data Management Plan), garantindo o cumprimento das boas prácticas en materia de gobernanza e interoperabilidade.
  • Coordinar o equipo técnico encargado do desenvolvemento e xestión da plataforma, organizando tarefas e validando entregables.
  • Asegurar a correcta xestión, integridade e protección dos datos incorporados á plataforma, incluíndo a aplicación de 32 medidas de seguridade, control de accesos e anonimización cando sexa necesario.
  • Garantir a calidade, consistencia e documentación dos conxuntos de datos dispoñibles, definindo criterios de control e validación.
  • Colaborar co equipo do proxecto na definición de procedementos de explotación, intercambio e reutilización de datos.
  • Planificar, supervisar e controlar as actividades de despregamento tecnolóxico e desenvolvemento dos casos de uso, elaborar informes periódicos e propoñer medidas correctivas para garantir o cumprimento dos obxectivos.
  • Supervisar os entregables técnicos, garantindo a súa trazabilidade documental, coherencia cos obxectivos do proxecto e adecuación aos estándares internacionais.
  • Asistir a reunións nacionais e internacionais, participar en conferencias e cursos, realizar presentacións e colaborar na xeración de material técnico e promocional.
  • En xeral, participación nas tarefas do proxecto onde o CESGA ten responsabilidades e cantas sexan necesarias para acadar o éxito do proxecto e os resultados.

Documentación requirida

Solicitude Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 31/10/2025 08:00
Límite de presentación: 14/11/2025 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10