Investigador/a postdoutoral
ActivaHPQC-25-INV1
1
Documentación da praza
Descrición do posto
Perfil
A persoa investigadora incorporarase ao CESGA no departamento de Aplicacións e Proxectos na área de Tecnoloxías Cuánticas. A súa función como investigador é contribuír ao desenvolvemento da liña de investigación en computación cuántica, coa posibilidade de liderar equipos de investigación propios.
A liña de investigación onde se terá que investigar é a referida a Computación híbrida clásico-cuántica. O obxectivo desta liña é desenvolver tecnoloxías que permitan a construción e o uso eficientes de sistemas de computación de alto rendemento que inclúan unidades de procesamento cuántico (QPU) como elementos de computación en cada nodo, capaces de comunicarse cuánticamente entre si. Para este fin, a liña de investigación incluirá proxectos dirixidos a acadar esta arquitectura (como a mellora entre interfaces clásicas e cuánticas, a definición e construción de redes de comunicación híbridas orientadas á computación de alto rendemento, ferramentas de programación, monitorización de infraestruturas e contabilidade de acceso, etc.), para desenvolver ferramentas que permitan a emulación de infraestruturas, para aplicacións de computación híbrida clásica-cuántica con ou sen paralelización, para a aplicación da Intelixencia Artificial á computación híbrida e para a definición de benchmarkings que permitan avaliar a evolución dos entornos de computación híbrida.
Requisitos
- Titulación: Doutoramento nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento ou equivalentes:
- Ciencias da Terra.
- Física e astronomía.
- Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
- Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
- Enxeñaría informática e de sistemas.
- Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
- Matemáticas e estatística.
- Química.
- Experiencia: Experiencia en investigación dunha duración mínima de dous anos dende a data da obtención da titulación de doutor.
- Idioma: Inglés: B2.
- Outros: Ter unha publicación en revista científica con revisión por pares na área de computación cuántica.
Duración do contrato e condicións laboráis
- Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto prevista inicialmente para o 31 de decembro de 2027.
- Inicio previsto: decembro 2025.
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario
35.714,44 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.
Funcións
As necesarias para a o desenvolvemento adecuado da liña de investigación. Para iso levará a cabo as seguintes tarefas:
- Investigación, execución e supervisión de tarefas de investigación e técnicas como son o deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásicocuántica, con especial énfase na computación paralela.
- Participación no despregue e evolución das infraestruturas asociadas á liña de investigación.
- Documentación e mantemento do software desenvolvido.
- Busca de financiación para o mantemento da liña de investigación.
- Participación no deseño e seguimento do plan de traballo dos diferentes proxectos que compoñan a liña de investigación.
- Coordinación ou participación na redacción dos informes científicos, técnicos e de xestión dos proxectos.
- Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
- Coordinación coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos que a compoñen.
- Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
- Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
- Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.
Información importante:
- Revisa todos os campos obrigatorios
- Sube os documentos en formato PDF
- Verifica que o teu email sexa correcto
- Recibirás confirmación por email
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10