Investigador en tecnoloxías de computación cuántica
ActivaHPQC-QEX-25-INV2-TCC
1
Documentación da convocatoria
Descrición do posto
Perfil
O/A técnico/a incorporarase ao CESGA no departamento de Aplicacións e Proxectos na área de Tecnoloxías Cuánticas. A súa función é contribuír ao desenvolvemento da liña de investigación en computación cuántica.
O técnico colaborará na integración das infraestruturas cuánticas e clásicas, a xeración de benchmarkings de computadores cuánticos, a creación de librarías e aplicacións da computación cuántica, e en xeral, a executar os obxectivos do proxecto QEX descritos.
É desexable que o técnico conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++ e de paralelización con fíos ou distribuída e con experiencia na execución de programas cuánticos ou híbridos en unidades de computación cuántica reais e emuladas.
Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo.
A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I):
- Ciencias da Terra.
- Física e astronomía.
- Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
- Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
- Enxeñaría informática e de sistemas.
- Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
- Matemáticas e estatística.
- Química
Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007 :
- Ciencias.
- Enxeñaría e Arquitectura.
- Experiencia: Requírese unha experiencia en computación cuántica ou computación de altas prestacións dunha duración mínima de un ano dende a data da obtención da titulación.
- Idioma: Inglés: B2.
- Outros: Ter unha publicación en revista científica con revisión por pares na área de computación cuántica ou computación de altas prestacións.
Duración do contrato e condicións laboráis
- Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata o 14 de abril de 2029, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
- Inicio previsto: xaneiro 2026.
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario
32.493,02 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.
Funcións
- Deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica, e definición e execución de benchmarks para unidades de computación cuántica.
- Participación no deseño, despregue e evolución das infraestruturas asociadas á liña de investigación e do proxecto QEX.
- Documentación e mantemento do software desenvolvido.
- Coordinación ou participación na redacción dos informes científicos, técnicos e de xestión do proxecto QEX e de outros proxectos relacionados.
- Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
- Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
- Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
- Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
- Colaboración na busca de financiación para o mantemento da liña de investigación.
- Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación e o proxecto QEX
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.
Información importante:
- Revisa todos os campos obrigatorios
- Sube os documentos en formato PDF
- Verifica que o teu email sexa correcto
- Recibirás confirmación por email
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10