Técnico/a de Investigación en Proxecto HPC para a industria

Activa
Referencia:

EUROCC3-26-TINV1

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil

O/A técnico/a incorporarase ao CESGA no departamento de Aplicacións e Proxectos na área de HPC. A súa función como técnico dar soporte a liña de HPC, especificamente no referente á execución das tarefas do proxecto EuroCC3.

A liña de investigación onde se terá que dar soporte é de promoción da Computación de Altas Prestacións. O obxectivo desta liña é promover e apoiar a utilización do HPC nas empresas, sobre todo nas pemes, ofrecendo recursos, consultoría especializada e formación.

O/A técnico/a deberá focalizar no seu traballo de soporte nas tarefas e obxectivos definidos no proxecto EuroCC3.

É desexable que o/a técnico/a conte con coñecementos de HPC e experiencia en participación en proxectos europeos.

O/A técnico/a deberá axudar a consolidar a actividade internacional do grupo, polo cal é imprescindible a colaboración con outros proxectos da mesma área e a dispoñibilidade para viaxar A colaboración con outros centros do proxecto pode necesitar facer estas viaxes, incluso a nivel internacional.

Búscase, por tanto, unha persoa formada en técnicas de HPC, motivada, cun CV axeitado para desenvolver a súa actividade.

Titulación: A titulación superior (Nivel 2) que deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I): 

  • Ciencias da Terra.
  • Física e astronomía.
  • Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
  • Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
  • Enxeñaría informática e de sistemas.
  • Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
  • Matemáticas e estatística.
  • Química

Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007: 

  • Ciencias.
  • Enxeñaría e Arquitectura.

Idioma: Inglés: B1

Deberase indicar no CV que se anexe coa solicitude, de forma explícita, se o nivel de inglés conta cunha acreditación/certificación oficial.

Duración do contrato e condicións laboráis

  • Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata xuño de 2028, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter esta investigación.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario

27.208,30 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

As necesarias para a o desenvolvemento adecuado da liña de investigación e, sobre todo, do proxecto EuroCC2.

  • Colaboración na coordinación do proxecto cos socios.
  • Participación nas tarefas do proxecto onde o CESGA ten responsabilidades.
  • Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
  • Xeración de informes administrativos e técnicos sobre os resultados obtidos.
  • Execución doutras tarefas asociadas coa correcta execución do proxecto e o desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións nacionais e internacionais, participación en conferencias e cursos, realización de presentacións, xeración de material promocional, etc.
  • Axudar a outros membros do consorcio e terceiras partes financiadas polo proxecto, cando sexa necesario para a execución do mesmo. Publicación e difusión de resultados.
  • Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación.
  • Outras tarefas necesarias para a realización do proxecto e o desenvolvemento da liña de investigación

Documentación requirida

Solicitude Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 18/05/2026 08:30
Límite de presentación: 01/06/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10