Técnico/a de Investigación posdoctoral en tecnologías de computación cuántica, Técnico/a de Investigación en tecnologías de computación cuántica

Activa
Referencia:

QATALYZE-26-TINVPD1, QATALYZE-26-TINVPD1

Prazas:

2

Descrición do posto

Técnico/a de Investigación posdoutoral en tecnoloxías de computación cuántica (QATALYZE-26-TINVPD1). 

Perfil

O investigador incorporarase ao CESGA no departamento de Aplicacións e Proxectos na área de Tecnoloxías Cuánticas. A súa función como investigador é contribuír ao desenvolvemento da liña de investigación en computación cuántica, coa posibilidade de liderar equipos de investigación propios. A liña de investigación onde se terá que investigar é a referida a Computación híbrida clásico-cuántica. 

O obxectivo desta liña é desenvolver tecnoloxías que permitan a construción e o uso eficientes de sistemas de computación de alto rendemento que inclúan unidades de procesamento cuántico (QPU) como elementos de computación en cada nodo, capaces de comunicarse cuanticamente entre si. Para este fin, a liña de investigación incluirá proxectos dirixidos a acadar esta arquitectura (como a mellora entre interfaces clásicas e cuánticas, a definición e construción de redes de comunicación híbridas orientadas á computación de alto rendemento, ferramentas de programación, monitorización de infraestruturas e contabilidade de acceso, etc.), para desenvolver ferramentas que permitan a emulación de infraestruturas, para aplicacións de computación híbrida clásica-cuántica con ou sen paralelización, para a aplicación da Intelixencia Artificial á computación híbrida e para a definición de benchmarkings que permitan avaliar a evolución dos entornos de computación híbrida.

É desexable que o investigador conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++ e de paralelización con fíos ou distribuída e con experiencia na execución de programas cuánticos ou híbridos en unidades de computación cuántica reais e emuladas.

O investigador deberá axudar a consolidar a actividade internacional do grupo, polo cal é imprescindible a dispoñibilidade para viaxar (fundamentalmente a outros estados da Unión Europa) e a facer curtas estancias de investigación en outros centros de interese para a liña de investigación, que poidan fortalecer as relacións con outros grupos de investigación de referencia na área.

Búscase, por tanto, unha persoa formada en técnicas de computación cuántica, motivada, cun CV consolidado na área e que queira desenvolver a súa actividade de investigación no campo do software e aplicacións da computación cuántica. O investigador deberá focalizar no seu traballo de investigación nas tarefas definidas no proxecto Qatalyze.

Titulación: Doutor.

A titulación que deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I):

  • Ciencias da Terra.
  • Física e astronomía.
  • Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
  • Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
  • Enxeñaría informática e de sistemas.
  • Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
  • Matemáticas e estatística.
  • Química

Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007: 

  • Ciencias.
  • Enxeñaría e Arquitectura.

Experiencia: Requírese unha experiencia en investigación postdoutoral en computación cuántica ou computación de altas prestacións cunha duración mínima de un ano dende a data da obtención da titulación de doutor.

Idioma: Inglés: B1

Deberase indicar no CV que se anexe coa solicitude, de forma explícita, se o nivel de inglés conta cunha acreditación/certificación oficial.

Duración do contrato e condicións laboráis

  • Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata o 30 de outubro de 2028, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario

37.156,28 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

As necesarias para a o desenvolvemento adecuado da liña de investigación, e especialmente as asociadas ao proxecto Qatalyze.

  • Investigación, execución e supervisión de tarefas de investigación e técnicas como son o deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica, e definición e execución de benchmarks para unidades de computación cuántica.
  • Documentación e mantemento do software desenvolvido.
  • Busca de financiamento para o manter a liña de investigación.
  • Participación no deseño e seguimento do plan de traballo dos diferentes proxectos que compoñan a liña de investigación, especialmente do proxecto Qatalyze.
  • Coordinación ou participación na redacción dos informes científicos, técnicos e de xestión do proxecto Qatalyze e de outros proxectos relacionados.
  • Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
  • Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
  • Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
  • Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
  • Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación.

 

Técnico/a de Investigación en tecnoloxías de computación cuántica (QATALYZE-26-TINVPD1).

Perfil

O técnico incorporarase ao CESGA no departamento de Aplicacións e Proxectos na área de Tecnoloxías Cuánticas. A súa función é contribuír ao desenvolvemento da liña de investigación en computación cuántica.

O técnico colaborará na integración das infraestruturas cuánticas e clásicas, a xeración de benchmarkings de computadores cuánticos, a creación de librarías e aplicacións da computación cuántica, e en xeral, a executar os obxectivos do proxecto Qatalyze descritos.

É desexable que o técnico conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++ e de paralelización con fíos ou distribuída e con experiencia na execución de programas cuánticos ou híbridos en unidades de computación cuántica reais e emuladas.

O técnico deberá axudar a consolidar a actividade internacional do grupo, polo cal é imprescindible a dispoñibilidade para viaxar (fundamentalmente a outros estados da Unión Europa) e a facer curtas estancias en outros centros de interese para a liña de investigación, que poidan fortalecer as relacións con outros grupos de investigación de referencia na área. A colaboración con outros centros do proxecto pode necesitar facer estas viaxes a nivel internacional.

Búscase, por tanto, unha persoa formada en técnicas de computación cuántica e motivada, e que queira desenvolver a súa actividade no campo do software para a computación cuántica.

Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo. A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I):

  • Ciencias da Terra.
  • Física e astronomía.
  • Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
  • Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
  • Enxeñaría informática e de sistemas.
  • Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
  • Matemáticas e estatística.
  • Química

Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007:

  • Ciencias.
  • Enxeñaría e Arquitectura.

Experiencia: Requírese unha experiencia en computación cuántica ou computación de altas prestacións dunha duración mínima de un ano dende a data da obtención da titulación.

Idioma: Inglés: B1

No caso de que se requira nivel de idioma, deberase indicar no CV que se anexe coa solicitude, de forma explícita, se o nivel de inglés conta cunha acreditación/certificación oficial ou se, pola contra, se non se dispón desta, os/as aspirantes deberán realizar unha proba de nivel.

Outros: Ter unha publicación en revista científica con revisión por pares na área de computación cuántica ou computación de altas prestacións.

Duración do contrato e condicións laboráis

  • Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata o 30 de outubro de 2028, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario

33.804,82 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

  • Deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica, e definición e execución de benchmarks para unidades de computación cuántica.
  • Documentación e mantemento do software desenvolvido.
  • Coordinación ou participación na redacción dos informes científicos, técnicos e de xestión do proxecto Qatalyze e de outros proxectos relacionados.
  • Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
  • Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
  • Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
  • Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
  • Colaboración na busca de financiación para o mantemento da liña de investigación.
  • Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación.

Documentación requirida

Solicitude Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Memoria Obrigatorio
Data de publicación: 18/05/2026 08:30
Límite de presentación: 01/06/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10