Investigador/a en Arquitectura de Computadores - DRAMSecurityHPC
ActivaDRAM-26-INV1-AC
1
Documentación da convocatoria
Descrición do posto
Perfil
O posto ten como cometido desenvolver tarefas de investigación sobre a fiabilidade e seguridade de memorias DRAM usando FPGAs e ferramentas de simulación.
Titulación:
Doutoramento en Informática, Enxeñaría Informática, Enxeñaría Eléctrica e Electrónica ou equivalente.
Experiencia:
Requírese unha experiencia en tarefas de investigación en tecnoloxías de memoria (DRAM, PCM, RRAM, etc.) así como en tarefas de investigación en sistemas confiables e seguros.
Duración do contrato e condicións laboráis:
- Desde a sinatura do contrato ata a finalización do proxecto (prevista inicialmente para o 30/04/2027, con posibilidade de prórroga).
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións anuais e días de asuntos propios.
Salario:
40.753,10 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.
Funcións:
As funcións a realizar son as necesarias para o desenvolvemento axeitado do programa de investigación.
- Estar ao día no estado do arte, participar en discusións relacionadas coa investigación desenvolvida, participar en revisións de artigos, grupos de leitura, etc.
- Propoñer e discutir novas ideas relacionadas co proxecto.
- Axudar a construir unha plataforma baseada en FPGAs para o testeo de memorias DRAM.
- Deseñar experimentos para analizar e avaliar as novas ideas propostas.
- Escribir documentación e artigos científicos.
- Levar a cabo aquelas tarefas necesarias para levar a cabo a investigación dun xeito satisfactorio.
Para o correcto desenvolvemento destas tarefas, a persoa seleccionada deberá manter interacción con equipos internacionais de investigación, polo que se require unha capacidade de comunicación fluída en inglés, tanto oral como escrita.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.
Información importante:
- Revisa todos os campos obrigatorios
- Sube os documentos en formato PDF
- Verifica que o teu email sexa correcto
- Recibirás confirmación por email
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10