Investigador/a postdoutoral en tecnoloxías de computación cuántica

Activa
Referencia:

QUANTUMSEC-26-INVPOSD1

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil

O CESGA require dunha persoa formada en técnicas de computación cuántica, cun sólido coñecemento de Matemáticas,  motivada, cun CV consolidado na área e que queira desenvolver a súa actividade de investigación no campo do software e aplicacións da computación cuántica. 

É desexable que o investigador/a conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++ e de paralelización con fíos ou distribuída e con experiencia na execución de programas cuánticos ou híbridos en unidades de computación cuántica reais e emuladas. 

O/A investigador/a deberá focalizar no seu traballo de investigación nas tarefas definidas no proxecto QuantumSec descritos no Anexo II.

Requisitos

Titulación: Doutor. A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I): Matemáticas e estatística.

Experiencia: Requírese unha experiencia en investigación postdoutoral en computación cuántica cunha duración mínima de seis meses dende a data da obtención da titulación de doutor.

Idiomas: B1* de inglés e CELGA 4* de galego.

(*) No CV que se adxunte coa solicitude, deberá indicarse expresamente se o nivel de idiomas conta con certificación oficial ou se, pola contra, non se dispón dela. Tamén deberá indicar no CV se conta cun recoñecemento de nivel igual ou superior nunha solicitude de praza anterior do CESGA (indicando a referencia da mesma). Quen non posúan devandita certificación ou recoñecemento deberán realizar unha proba eliminatoria, cuxa cualificación será de apto ou non apto.

Duración do contrato e condicións laborais:

  • Indefinido, cunha duración aproximada inicial ata o 30 de xuño de 2029, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
  • Inicio previsto do contrato, novembro de 2026.
  • Xornada laboral completa de 39 horas en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios.

Salario:

  • 37.156,28 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación: 

O CESGA está situado no centro da cidade de Santiago de Compostela. Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W

Funcións:

As necesarias para a o desenvolvemento adecuado da liña de investigación, e especialmente as asociadas ao proxecto QuantumSec. 

  • Investigación, execución e supervisión de tarefas de investigación e técnicas como son o deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica, e definición e execución de benchmarks para unidades de computación cuántica.
  • Análise de algoritmos, documentación relevante e publicacións científicas e técnicas.
  • Documentación e mantemento do software desenvolvido.
  • Busca de financiamento para manter a liña de investigación.
  • Participación no deseño e seguimento do plan de traballo dos diferentes proxectos que compoñan a liña de investigación, especialmente do proxecto QuantumSec.
  • Coordinación ou participación na redacción dos informes científicos, técnicos e de xestión do proxecto QuantumSec e de outros proxectos relacionados.
  • Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
  • Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
  • Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
  • Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
  • Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación.
     

Documentación requirida

Modelo de solicitude (Anexo I) Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 05/10/2026 08:00
Límite de presentación: 20/10/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10