Técnico/a superior investigación en tecnoloxías de computación cuántica
ActivaQUANTUMSEC-26-TSINV1
1
Documentación da convocatoria
Descrición do posto
Perfil
O CESGA require dunha persoa formada en técnicas de computación e de seguridade, con especial atención a seguridade da información, e motivada, e que queira desenvolver a súa actividade no campo da computación cuántica.
É desexable que o técnico/a conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++.
Requisitos
Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo.
A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I):
- Ciencias da Terra.
- Física e astronomía.
- Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
- Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
- Enxeñaría informática e de sistemas.
- Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
- Matemáticas e estatística.
- Química.
Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007:
- Ciencias.
- Enxeñaría e Arquitectura.
Experiencia: Non se require
Idiomas: B1* de inglés e CELGA 4* de galego.
(*) No CV que se adxunte coa solicitude, deberá indicarse expresamente se o nivel de idiomas conta con certificación oficial ou se, pola contra, non se dispón dela. Tamén deberá indicar no CV se conta cun recoñecemento de nivel igual ou superior nunha solicitude de praza anterior do CESGA (indicando a referencia da mesma). Quen non posúan devandita certificación ou recoñecemento deberán realizar unha proba eliminatoria, cuxa cualificación será de apto ou non apto.
Duración do contrato e condicións laborais:
- Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata o 30 de xuño de 2029, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
- Inicio previsto do contrato, novembro de 2026.
- Xornada laboral completa de 39 horas en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario:
- 33.804,82 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación:
O CESGA está situado no centro da cidade de Santiago de Compostela. Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W
Funcións:
As necesarias para a o desenvolvemento adecuado da liña de investigación, e especialmente as asociadas ao proxecto QuantumSec.
- Investigación e execución de tarefas de investigación e técnicas como son o deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica.
- Análise de publicacións e outra documentación relevante para o proxecto.
- Documentación e mantemento do software desenvolvido.
- Busca de financiamento para o manter a liña de investigación.
- Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
- Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
- Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
- Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.
Información importante:
- Revisa todos os campos obrigatorios
- Sube os documentos en formato PDF
- Verifica que o teu email sexa correcto
- Recibirás confirmación por email
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10