Investigador/a postdoutoral en tecnoloxías de computación cuántica

Activa
Referencia:

QUANTUM_IBER_IA-26-INVPD1-TCC

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil 

É desexable que o/a investigador/a conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++ e de paralelización con fíos ou distribuída e con experiencia na execución de programas cuánticos ou híbridos en unidades de computación cuántica reais e emuladas. 

A persoa deberá axudar a consolidar a actividade internacional do grupo, polo cal é imprescindible a dispoñibilidade para viaxar (fundamentalmente a outros estados da Unión Europa) e a facer curtas estancias de investigación en outros centros de interese para a liña de investigación, que poidan fortalecer as relacións con outros grupos de investigación de referencia na área. 

Titulación

Doutor.

A titulación que deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I):

  • Ciencias da Terra.
  • Física e astronomía.
  • Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
  • Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
  • Enxeñaría informática e de sistemas.
  • Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
  • Matemáticas e estatística.
  • Química.

Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007:

  • Ciencias.
  • Enxeñaría e Arquitectura.

Experiencia

Requírese unha experiencia en computación cuántica (predoutoral ou posdoutoral) cunha duración mínima dun ano.

Publicacións

Ter unha publicación en computación cuántica ou computación de altas prestacións nunha revista científica con revisión por pares.

Idiomas

Galego: CELGA4
Inglés: B1

Deberase indicar no CV que se anexe coa solicitude, de forma explícita, se conta cunha acreditación/certificación oficial deste nivel. Se, pola contra, non dispón desta deberá realizar unha proba de nivel. 

Duración do contrato e condicións laboráis

  • Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata o 31 de decembro de 2028, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións anuais e días de asuntos propios.

Salario

37.156,28 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

As necesarias para a o desenvolvemento adecuado da liña de investigación, e especialmente as asociadas ao proxecto Quantum_Iber_IA. 

  • Investigación, execución e supervisión de tarefas de investigación e técnicas como son o deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica, e definición e execución de benchmarks para unidades de computación cuántica.
  • Documentación e mantemento do software desenvolvido.
  • Busca de financiamento para manter a liña de investigación.
  • Participación no deseño e seguimento do plan de traballo dos diferentes proxectos que compoñan a liña de investigación, especialmente do proxecto Quantum_Iber_IA.
  • Coordinación ou participación na redacción dos informes científicos, técnicos e de xestión do proxecto Quantum_Iber_IA e de outros proxectos relacionados.
  • Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
  • Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
  • Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
  • Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
  • Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación.
Quantum_Iber_IA

Documentación requirida

Modelo de solicitude (Anexo I) Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Memoria Obrigatorio
Data de publicación: 30/10/2026 08:30
Límite de presentación: 13/11/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10