Técnico/a superior de investigación en tecnoloxías de computación cuántica

Activa
Referencia:

DEEPQUANTUM-26-TSINV1

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil 

É desexable que conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++ e de paralelización con fíos ou distribuída e con experiencia na execución de programas cuánticos ou híbridos en unidades de computación cuántica reais e emuladas. 

Ademáis deberá axudar a consolidar a actividade internacional do grupo, polo cal é imprescindible a dispoñibilidade para viaxar (fundamentalmente a outros estados da Unión Europa) e facer curtas estancias de investigación en outros centros de interese para a liña de investigación, que poidan fortalecer as relacións con outros grupos de investigación de referencia na área. A colaboración con outros centros do proxecto pode necesitar facer estas viaxes a nivel internacional.

Búscase, por tanto, unha persoa formada en técnicas de computación cuántica, motivada, cun CV axeitado para desenvolver a súa actividade de investigación predoutoral con posibilidade de que sexa o seu traballo doutoral no campo do software para a computación cuántica e as súas aplicacións, cunha orientación á computación cuántica de altas prestacións.
 

Titulación

A titulación superior (Nivel 3) que deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I):

  • Ciencias da Terra.
  • Física e astronomía.
  • Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
  • Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
  • Enxeñaría informática e de sistemas.
  • Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
  • Matemáticas e estatística.
  • Química.

Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007:

  • Ciencias.
  • Enxeñaría e Arquitectura.

Experiencia

Non ter desfrutado dun contrato predoutoral anteriormente.

Idiomas

Galego: CELGA4
Inglés: B2

Deberase indicar no CV que se anexe coa solicitude, de forma explícita, se conta cunha acreditación/certificación oficial deste nivel. Se, pola contra, non dispón desta deberá realizar unha proba de nivel. 

Duración do contrato e condicións laboráis

  • Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata o 31 de agosto de 2028, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións anuais e días de asuntos propios.

Salario

33.804,82 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

As necesarias para a o desenvolvemento adecuado da liña de investigación. 

  • Investigación e execución de tarefas de investigación e técnicas como son o deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica, e definición e execución de benchmarks para unidades de computación cuántica.
  • Documentación e mantemento do software desenvolvido.
  • Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
  • Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
  • Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
  • Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
  • Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación.
DeepQuantum

Documentación requirida

Modelo de solicitude (Anexo I) Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 30/10/2026 08:30
Límite de presentación: 13/11/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10