Investigador/a en tecnoloxías de computación cuántica

Activa
Referencia:

HPQC-QEX-26-INV2 -TCC

Prazas:

1

Descrición do posto

Perfil 

É desexable que o técnico/a conte con suficiente coñecemento de ferramentas de desenvolvemento e xestión de código, especialmente Python ou C/C++ e de paralelización con fíos ou distribuída e con experiencia na execución de programas cuánticos ou híbridos en unidades de computación cuántica reais e emuladas.

O técnico/a deberá axudar a consolidar a actividade internacional do grupo, polo cal é imprescindible a dispoñibilidade para viaxar (fundamentalmente a outros estados da Unión Europa) e a facer curtas estancias en outros centros de interese para a liña de investigación, que poidan fortalecer as relacións con outros grupos de investigación de referencia na área. A colaboración con outros centros do proxecto pode necesitar facer estas viaxes a nivel internacional.

Búscase, por tanto, unha persoa formada en técnicas de computación cuántica e motivada, e que queira desenvolver a súa actividade no campo do software para a computación cuántica.

Titulación

Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo.

A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I):

  • Ciencias da Terra.
  • Física e astronomía.
  • Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
  • Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
  • Enxeñaría informática e de sistemas.
  • Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
  • Matemáticas e estatística.
  • Química.

Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007:

  • Ciencias.
  • Enxeñaría e Arquitectura.

Experiencia

Requírese unha experiencia en computación cuántica ou computación de altas prestacións dunha duración mínima de un ano dende a data da obtención da titulación.

Idiomas

Galego: CELGA4
Inglés: B2

Deberase indicar no CV que se anexe coa solicitude, de forma explícita, se conta cunha acreditación/certificación oficial deste nivel. Se, pola contra, non dispón desta deberá realizar unha proba de nivel. 

Duración do contrato e condicións laboráis

  • Indefinida, cunha duración aproximada inicial ata o 14 de abril de 2029, suxeita a continuidade á existencia de financiamento suficiente para manter a liña de investigación.
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións anuais e días de asuntos propios.

Salario

33.804,82 € brutos anuais en 14 pagas.

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

  • Deseño, programación e avaliación de algoritmos baseados en técnicas de computación híbrida clásico-cuántica, e definición e execución de benchmarks para unidades de computación cuántica.
  • Participación no deseño, despregue e evolución das infraestruturas asociadas á liña de investigación e do proxecto QEX.
  • Documentación e mantemento do software desenvolvido.
  • Coordinación ou participación na redacción dos informes científicos, técnicos e de xestión do proxecto QEX e de outros proxectos relacionados.
  • Publicación de resultados en revistas, conferencias e demais medios de comunicación e difusión de resultados.
  • Coordinación con socios, coas entidades financiadoras, os provedores, socios e subcontratas do programa de investigación e os diferentes proxectos.
  • Vixilancia tecnolóxica: Busca e análise da documentación científica e técnica relacionada coa temática da liña de investigación, tanto de publicacións científicas como de patentes.
  • Execución doutras tarefas asociadas co correcto desenvolvemento da liña de investigación: asistencia a reunións, participación en conferencias e cursos, elaboración de informes, realización de presentacións, xeración de material promocional, formación sobre as técnicas utilizadas.
  • Colaboración na busca de financiación para o mantemento da liña de investigación.
  • Outras tarefas necesarias para a realización da liña de investigación e o proxecto QEX.
     
Quantum Excellence Center (QEX)

Documentación requirida

Modelo de solicitude (Anexo I) Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Data de publicación: 30/10/2026 08:30
Límite de presentación: 13/11/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10