Investigador/a en mecánica de fluidos aplicada ás enerxías renovables

Prazo Pechado
Referencia:

MISOL-25-INV1

Prazas:

1

Documentación do proceso

Descrición do posto

Perfil

O posto ten como cometido desenrolar e aplicar metodos de simulacion a mesoscala co código WRF para mellorar a representación de parques fotovoltaicos neste modelo e entender os seus impactos no microclima.

Requisitos

  • Titulación: Doutoramento en Enxeñeria Civil, Mecánica ou Aeronáutica
  • Experiencia: Non se requiere
  • Otros: Polo menos 2 artigos científicos en revistas Q1 como primeiro autor/a ou autor/a de correspondencia, no eido de simulación númerica en mecánica de fluidos.

Duración do contrato e condicións laborais:

  • Desde a firma do contrato ata a finalización do proxecto (prevista inicialmente para o 31/03/2027 aínda que con posibilidade de prórroga ata setembro de 2027)
  • Inicio previsto do contrato en outubro de 2025
  • Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
  • 22 días de vacacións e días de asuntos propios

Salario:

  • 31.700 € brutos anuales en 14 pagas.

Ubicación: 

CESGA. Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W

Funcións:

As necesarias para o desenvolvemento axeitado do programa de investigación. Para iso levará a cabo as seguintes tarefas:

  • Desenvolver un modelo de parametrización de plantas fotovoltaicas según datos de simulación numérica.
  • Implementación do modelo de parametrización de plantas fotovoltaicas en WRF.
  • Simulación de plantas fotovoltaicas a mesoscala con potencial validación de resultados.
  • Publicación e difusión de resultados: Preparación de artigos científicos, colaboración con empresas en diseminación de resultados, informes e presentacións para a súa difusión en revistas e congresos especializados.
  • Para o correcto desenvolvemento destas tarefas, a persoa seleccionada deberá manter interacción con equipos internacionais de investigación, polo que se require unha capacidade de comunicación fluída en inglés, tanto oral como escrita.

Documentación requirida

Anexo I (solicitude) Obrigatorio
Curriculum Vitae Obrigatorio
Memoria Obrigatorio
Data de publicación: 09/09/2025 08:00
Límite de presentación: 23/09/2025 12:00
Presentar Candidatura
Prazo pechado

O prazo para presentar candidaturas para esta oferta xa está pechado.

Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10