Investigador/a predoutoral en mecánica de fluidos aplicada ás enerxías renovables
Prazo PechadoMISOL-25-INV2
1
Documentación da convocatoria
Documentación do proceso
-
29/09/2025 13:05Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas
-
17/10/2025 12:09Resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas
-
22/10/2025 10:52Resolución provisional de puntuacións
-
10/11/2025 17:33Resolución definitiva puntuación final
Descrición do posto
Perfil
O posto ten como cometido desenvolver o acoplamento entre os códigos DOFAS (microescala) e WRF (mesoscala) para aplicacións de enerxía renovables.
Requisitos
- Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster), segundo o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011, do 15 de xullo, en Enxeñaría Civil, Mecánica ou Aeronáutica.
- Experiencia: Non se requiere
- Otros: Non se requiere
Duración do contrato e condicións laborais:
- Desde a firma do contrato ata a finalización do proxecto (prevista inicialmente para o 31/03/2027 aínda que con posibilidade de prórroga ata setembro de 2027)
- Inicio previsto do contrato en outubro de 2025
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios
Salario:
- 28.500 € brutos anuales en 14 pagas.
Ubicación:
CESGA. Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W
Funcións:
As necesarias para o desenvolvemento axeitado do programa de investigación. Para iso levará a cabo as seguintes tarefas:
- Familiarización cos códigos DOFAS e WRF.
- Desenvolver o acoplamento nunha soa dirección sacando datos de WRF para alimentar DOFAS.
- Validación para casos de estudos de enerxía solar ou eólica.
- Publicación e difusión de resultados: Preparación de artigos científicos, colaboración con empresas, informes e presentacións para a súa difusión en revistas e congresos especializados.
Para o correcto desenvolvemento destas tarefas, a persoa seleccionada deberá manter interacción con equipos internacionais de investigación, polo que se require unha capacidade de comunicación fluída en inglés, tanto oral como escrita.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Prazo pechado
O prazo para presentar candidaturas para esta oferta xa está pechado.
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10