Técnico/a superior de investigación

Activa
Referencia:

TS-INV-HPC-26 / TS-IN-TEDU-26

Prazas:

2

Descrición do posto

Perfil 

Técnico/a superior de investigación HPC

O posto está enfocado á prestación de servizos científico-técnicos avanzados en computación de altas prestacións (HPC) e tecnoloxías asociadas, orientados ao apoio directo á actividade investigadora e de transferencia, mediante o deseño, implantación, mantemento e mellora de plataformas, contornas e aplicacións científicas sobre as infraestruturas do CESGA, así como a súa aplicación a casos de uso de grupos e proxectos de investigación, incluíndo a elaboración de informes, estudos e análises e a participación na xestión técnica e execución de actuacións e proxectos de I+D+i, consonte coa misión do CESGA e a súa condición de ICTS infraestrutura científico-técnica singular ao servizo do sistema de I+D+i.

Titulación: Nivel 3 segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo. A titulación deberá estar adscrita ao seguinte ámbito do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I): Informática e Ciencias da Computación.

Experiencia: Acreditar un mínimo de cinco (5) anos de experiencia profesional en centros de investigación (universidades, centros tecnolóxicos, organismos públicos de investigación ou entidades equivalentes), dos cales cando menos dous (2) anos deberán corresponder á prestación de servizos científico-técnicos en computación de alto rendemento (HPC) nun centro de supercomputación ou en centros que dispoñan de sistemas de Supercomputación ou clústeres de cálculo científico destinados ao soporte efectivo de proxectos de investigación, incluíndo apoio e colaboración con grupos de investigación, participación no deseño, operación, mantemento e mellora de plataformas e servizos de apoio á investigación, e a elaboración de informes técnicos, análises e/ou a xestión técnica de plans, proxectos ou programas asociados.

Idioma: B1 de Inglés.

Contrato e condicións laboráis

Contrato laboral fixo de Técnico Superior de investigación do artigo 28 do Decreto 12/2024 de 11 de Xaneiro.

Salario

Retribución bruta anual: 44.876,17 € 

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

  • Analizar as necesidades científico-técnicas expostas pola comunidade usuaria e identificar, seleccionar e priorizar aplicacións e contornas de cálculo que dean resposta aos correspondentes casos de uso da comunidade usuaria.
  • Colaboración na definición de arquitecturas óptimas de hardware e software (configuracións, bibliotecas e contornas), en función de perfís de carga, requisitos de rendemento, eficiencia e criterios de eficiencia e sustentabilidade.
  • Compilación, instalación, configuración e validación funcional de aplicacións de cálculo científico e bases de datos científicos, garantindo a súa integración coas plataformas do CESGA.
  • Seguimento, avaliación e despregamento de novas versións das aplicacións e compoñentes asociados, garantindo compatibilidade, trazabilidade e continuidade do servizo.
  • Prestar apoio científico-técnico avanzado á comunidade usuaria no uso, parametrización e boas prácticas das aplicacións, incluíndo interpretación de incidencias e proposta de solucións.
  • Prestar apoio científico-técnico en relación coas ferramentas de desenvolvemento dispoñibles (compiladores, depuradores, ferramentas de profiling, bibliotecas e contornas), orientado á mellora dos fluxos de traballo de investigación.
  • Desenvolvemento, adaptación ou extensión de software e scripts de soporte ao cálculo científico, incluíndo portabilidade, paralelización, optimización e automatización de procesos, cando resulte necesario para a correcta execución dos proxectos e servizos.
  • Estudos de rendemento, escalabilidade e eficiencia, con benchmarking e profiling, así como propostas e implementacións de melloras, incluíndo metodoloxías de benchmarking, profiling e optimización.
  • Planificación, promoción e impartición de formación (cursos, talleres, seminarios) e elaboración de materiais asociados.
  • Mantemento e análise de estatísticas e indicadores de uso, contribuíndo á avaliación do impacto, planificación de capacidade e mellora continua propia dunha ICTS.
  • Desenvolvemento, instalación e mantemento de ferramentas internas de xestión vinculadas á explotación científica ( xestión de contornas, módulos, repositorios, integracións e utilidades de soporte).
  • Elaborar, manter e publicar documentación técnica (guías, recomendacións, procedementos, notas técnicas, exemplos reproducibles) sobre calculo científico aplicacións, utilidades e arquitecturas de execución.
  • Xestión e actualización do rexistro de incidencias e solicitudes, asegurando a súa trazabilidade, a comunicación coa persoa usuaria e a escalada técnica cando proceda.
  • Participación na dirección, xestión técnica e execución de proxectos, programas e actuacións de I+D+i nos que participe o CESGA, con responsabilidades e contribucións técnicas, informes, resultados e entregables asociados.
  • Realización de vixilancia tecnolóxica e prospectiva en HPC e tecnoloxías asociadas, propoñendo medidas de adopción e mellora de servizos e capacidades.
  • Asistencia a cursos, seminarios, congresos e proxectos a nivel estatal e internacional, vinculados ás funcións do posto e ás prioridades estratéxicas do centro.Colaboración nas actividades de promoción do centro.
  • Colaboración nas actividades de promoción do centro.

     

Perfil 

Técnico/a superior de investigación en tecnoloxía educativa

O posto require unha alta especialización pedagóxica e informática na área de tecnoloxía educativa en contornas de recursos computacionais avanzados. O posto está orientado á prestación de servizos científico-técnicos avanzados e desenvolver actividades de I+D+i no ámbito da Tecnoloxía Educativa e a e-colaboración, orientados ao apoio directo á actividade investigadora e de transferencia, mediante a investigación, deseño, implantación e validación de solucións tecnolóxicas innovadoras (Intelixencia Artificial, VR/AR, analítica de datos, plataformas de aprendizaxe e colaboración, microcredenciais, cuántica, e outras) e a súa implantación, mantemento e mellora sobre as infraestruturas do CESGA, así como a colaboración co resto do centro no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a comunidade investigadora.

Titulación: Nivel 3 segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo. A titulación deberá estar adscrita ao seguinte ámbito do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo I): Ciencias da Educación. 

Experiencia: Acreditar un mínimo de cinco (5) anos de experiencia profesional en centros de investigación (universidades, centros tecnolóxicos, organismos públicos de investigación ou entidades equivalentes), dos cales cando a lo menos dous (2) anos deberán corresponder á participación directa como analista en proxectos de I+D+i europeos de tecnoloxía educativa ou na xestión técnica de plataformas de e-learning a gran escala (cun mínimo de 3.000 usuarios) nun centro de supercomputación ou en centros que dispoñan de sistemas de supercomputación ou clústeres de cálculo científico, incluíndo apoio e colaboración con grupos de investigación, participación no deseño, operación, mantemento e mellora de plataformas e servizos de apoio á investigación, e a elaboración de artigos científicos, informes técnicos, análises e/ou a xestión técnica de plans, proxectos ou programas asociados.

Idioma: B1 de Inglés.

Contrato e condicións laboráis

Contrato laboral fixo de Técnico Superior de investigación do artigo 28 do Decreto 12/2024 de 11 de Xaneiro.

Salario

Retribución bruta anual: 44.876,17 € 

Ubicación

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade. 

Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.

Funcións

  • Deseño, fundamentación e validación de modelos pedagóxicos innovadores que integren tecnoloxías disruptivas (p ex. IA Xenerativa, Realidade Estendida - XR, Computación Cuántica) nos procesos de ensino-aprendizaxe. Investigación sobre o impacto cognitivo e competencial do uso destas ferramentas.
  • Liderado de paquetes de traballo pedagóxicos e tecnolóxicos en proxectos europeos (Erasmus+, Horizon Europe) e nacionais de tecnoloxía educativa. Definición de marcos metodolóxicos, deseño de currículos baseados en IA e coordinación de socios educativos internacionais. Elaboración de entregables científicos e xustificacións técnicas.
  • Deseño e avaliación de Ecosistemas de Aprendizaxe e colaboración. Definición de requisitos funcionais e pedagóxicos para a evolución das plataformas do CESGA orientadas á aprendizaxe e colaboración (Aula CESGA, Seminar, Cúmulo). Análise de usabilidade e experiencia de usuario (UX) desde unha perspectiva didáctica e tecnolóxica, asegurando a accesibilidade e a inclusión.
  • Deseño de metodoloxías experimentais e instrumentos de recollida de datos para medir a eficacia das aplicacións educativas, mediante técnicas de analítica de aprendizaxe, con integración de IA modelos predictivos, multimodais, e explicables para interpretar patróns de uso, personalizar itinerarios formativos e validar hipóteses de investigación, xerando evidencias científicas para publicacións de impacto.
  • Definición, despregue e mantemento da infraestrutura técnica requirida para o departamento, asegurando a súa interoperabilidade e escalabilidade coa infrestructura HPC do CESGA, garantindo o cumprimento dos protocolos requiridos de seguridade, protección de datos e alta dispoñibilidade.
  • Análise e desenvolvemento de solucións baseadas en estándares de interoperabilidade (LTI, xAPI) e credenciais dixitais (micro-credenciais), asegurando a integración de ferramentas externas e a portabilidade de datos de aprendizaxe.
  • Deseño e impartición de formación especializada para a comunidade investigadora e docente sobre competencias dixitais avanzadas (Pensamento Computacional, Intelixencia Artificial, XR, etc). Redacción de artigos científicos e presentación de resultados en congresos internacionais para asegurar a difusión do coñecemento xerado.
  • Vixilancia tecnolóxica. Análise de tendencias globais en Tecnoloxía Educativa (EdTech) e a súa aplicabilidade ao contexto da comunidade de usuarios do CESGA, o SUG e o ensino non universitario. Asesoramento estratéxico sobre a adopción de novas solucións de e-learning e e-colaboración para mellorar os servizos do centro e fomentar a innovación na comunidade educativa galega.
  • Asistencia a cursos, seminarios, congresos e proxectos a nivel estatal e internacional, vinculados ás funcións do posto e ás prioridades estratéxicas do centro.
Data de publicación: 31/03/2026 08:30
Límite de presentación: 16/04/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10