Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA)

Activa
Referencia:

XERENTE-26

Prazas:

1

Descrición do posto

Referencia do posto: Xerente-26

Título: Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Descrición do posto: 

 Convocatoria para a cobertura do posto de Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), cuxas funcións se atopan recollidas no artigo 27 dos estatutos da propia Fundación.

 Perfil: 

Búscase un/unha profesional con titulación universitaria (Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, ou Relacións Laborais), nivel CELGA 4 de galego e unha experiencia moi sólida: 8 anos no sector público, dos cales polo menos 5  en postos de xestión con  funcións de responsabilidade técnica, xurídica ou de xestión económica, no ámbito da Administración Autonómica.

 Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou equivalente  nas áreas de Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas ou Relacións Laborais.

 Experiencia Profesional: Requírese unha experiencia profesional mínima de oito (8) anos no sector público, dos cales, polo menos cinco (5) deberán desempeñarse en postos de xestión que impliquen funcións de responsabilidade técnica, xurídica ou de xestión económica, no ámbito da Administración Autonómica.

 Competencia Lingüística: Coñecemento do idioma galego mediante o título do CELGA 4, curso de perfeccionamento ou equivalente homologado (o superación proba nivel).

 Detalles do Posto

 Dependencia: Presidencia da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

 Localidade: Santiago de Compostela.

 Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro).

 Categoría: Directivo do grupo III, nivel 2.

 Tipo de persoal: Alta dirección.

Documentación requirida

Anexo III. Modelo de solicitude
Anexo IV. Modelo de relación de requisitos específicos da persoa aspirante
Anexo V. Modelo de relación de méritos alegados
Título acreditativo do Celga 4
Documentación acreditativa dos méritos Anexos IV
Documentación acreditativa dos méritos Anexos V
Plan de actuación
Data de publicación: 15/05/2026 09:30
Límite de presentación: 25/05/2026 14:00
Presentar Candidatura

Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.


Información importante:

  • Revisa todos os campos obrigatorios
  • Sube os documentos en formato PDF
  • Verifica que o teu email sexa correcto
  • Recibirás confirmación por email
Contacto
Email:

emprego@cesga.gal

Teléfono:

+34 981 56 98 10