Administrativo/a Contratación, Xustificación e Xestión Económica
ActivaADMIN-26-CO
1
Documentación da convocatoria
Descrición do posto
Perfil
A persoa contratada terá como cometido o reforzo temporal do apoio administrativo do CESGA, co fin de garantir a adecuada xestión, tramitación, seguimento e control da documentación, expedientes, prazos, xustificacións e comunicacións vinculadas ás actuacións en marcha, prestando apoio ás unidades do CESGA e á relación cos organismos financiadores e demais entidades implicadas, con especial atención ás iniciativas financiadas con fondos NextGenerationEU, á posta en marcha da Fábrica Europea de Intelixencia Artificial 1HealthAI e ao resto de proxectos europeos, nacionais e autonómicos actualmente en execución.
Requisitos
- Titulación: Formación Profesional de Grao Superior na Familia Profesional de Administración e Xestión (ou equivalente).
- Experiencia: Non se require.
- Idiomas:
- Galego: CELGA 3 (ou título de iniciación en lingua galega ou estudos equivalentes homologados).
- Inglés: B1.
- Os/as aspirantes que non estean en posesión do certificado requirido deberán realizar unha proba de nivel.
Duración do contrato e condicións laboráis
- Duración máxima de nove (9) meses.
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario
24.601,22 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.
Funcións
O labor do posto será a execución das actividades de ámbito administrativo. Desenvolverá, principalmente, as seguintes tarefas:
- Apoio á licitación e execución dos concursos relativos aos proxectos, así como o apoio administrativo á xestión e xustificación dos proxectos, en dependencia do/a coordinador/a do proxecto e en colaboración co departamento Administración do CESGA e coas empresas adxudicatarias da xestión dos proxectos.
- Tramitación, seguimento, control e o arquivo dos expedientes e da documentación xustificativa, garantindo a súa correcta organización, conservación e dispoñibilidade.
- Apoio ao seguimento e control de prazos, fitos, cronogramas e ítems administrativos necesarios para o cumprimento das diferentes licitacións e dos proxectos no seu conxunto, en colaboración co/a Técnico/a de Xestión do Proxecto.
- Elaboración e actualización de reportes, cadros e ferramentas de seguimento, así como a sistematización e reporte da información ao/á responsable de xestión do Proxecto.
- Apoio para garantir a coordinación administrativa, reportando ao/á responsable de xestión do Proxecto xunto co equipo de traballo do proxecto (persoal contratado por CESGA e empresas participantes), co departamento de Administración do CESGA, e coas entidades financiadoras, órganos concedentes e de control.
- Apoio ás tarefas de verificación e control, incluíndo a comprobación da dedicación, a trazabilidade do gasto e o cumprimento das obrigas de información e publicidade, así como a atención e tramitación de requirimentos en materia de auditoría e control.
- Apoiar a xestión económico-financeira dos proxectos, colaborando na tramitación de facturas, certificacións, conformidades e demais documentación económica, así como no seguimento orzamentario, imputación de gastos e preparación da información económica requirida para a xustificación ante as entidades financiadoras.
- Todas aquelas funcións adicionais que se consideren necesarias por parte da xerencia para a execución dos proxectos financiados con fondos externos e a súa correspondente xustificación.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.
Información importante:
- Revisa todos os campos obrigatorios
- Sube os documentos en formato PDF
- Verifica que o teu email sexa correcto
- Recibirás confirmación por email
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10