Técnico/a de Sistemas
Prazo PechadoTSIS-26-INT
1
Documentación da convocatoria
Documentación do proceso
-
13/10/2026 19:26Resolución provisional de persoas admitidas e excluidas
-
22/10/2026 08:32Resolución definitiva de persoas admitidas e excluidas
-
23/10/2026 14:39Valoración provisional de méritos
-
29/10/2026 08:48Valoración definitiva de méritos
-
02/11/2026 11:39Resolución provisional de puntuacións finais
-
02/11/2026 14:07Resolución definitiva da selección
Descrición do posto
Perfil
O posto ten como cometido desenvolver tarefas específicas, cuxo detalle se recolle no apartado “Funcións a realizar” orientadas ao cumprimento dos obxectivos marcados nas actividades do departamento de sistemas. Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa máxima calidade. Proporcionar soporte técnico ás actividades do departamento.
Requisitos
Ciclo Superior en administración de sistemas informáticos en rede ou Grao en Informática, ou titulacións equivalentes de plans anteriores.
- Experiencia: Non se requiere
- Idiomas: A2* de inglés
(*) No CV que se achegue coa solicitude, deberá indicarse expresamente se o nivel de idiomas conta con certificación oficial ou se, pola contra, non se dispón dela. Quen non posúan devandita certificación deberán realizar unha proba eliminatoria, cuxa cualificación será de apto ou non apto.
Duración do contrato e condicións laborais:
- Substitución persoa traballadora en excedencia, con dereito a reserva, coas limitacións temporais sinaladas no Real Decreto-Lei 32/2021, de 28 de decembro. Duración máxima: 05/02/2027 ou ata a reincorporación do traballador en excedencia.
- Inicio previsto do contrato en outubro de 2026.
- Xornada laboral completa de 39 horas en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario:
- 28.367,78 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación:
O CESGA está situado no centro da cidade de Santiago de Compostela. Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W
Funcións:
- Soporte técnico dos superordenadores, servidores de cálculo e sistemas de almacenamento:
- Operación.
- Determinación de problemas, seguimento e resolución.
- Mantemento do rexistro de incidencias. Mantemento dos sistemas.
- Creación das contas dos usuarios.
- Xeración de estatísticas de sistemas e usuarios. Elaboración de copias de seguridade. Soporte aos departamentos de Aplicacións e Comunicacións.
- Control de acceso a Salas de HPC.
- Seguemento e control de avarías e intervencións de mantemento dos seguintes equipos:
- UPS.
- Equipos de aire acondicionado.
- Grupo electróxeno.
- Sistemas eléctricos, cadros, etc.
- Sistema de extinción de incendios.
- Soporte a aplicacións.
- Colaboración na instalación de aplicacións.
- Elaboración de personalizacións que faciliten e melloren a execución das aplicacións instaladas nos superordenadores do CESGA.
- Soporte técnico a usuarios e asesoramento en:
- Facilidades do sistema.
- Compiladores e linguaxes. Elaboración de información técnica relacionada co cálculo científico, aplicacións, utilidades e arquitecturas.
- Formación a usuarios.
- Adecuación e mantemento das aplicacións de soporte do departamento (rexistro de incidencias, xestión de usuarios, etc…).
- Participación en proxectos de I+D+I.
- Asistencia a cursos, seminarios, congresos e proxectos a nivel estatal e internacional.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Prazo pechado
O prazo para presentar candidaturas para esta oferta xa está pechado.
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10