Administrativo/a para Recursos Humanos
ActivaADMIN-26-RRHH
1
Documentación da convocatoria
Descrición do posto
erfil
A persoa contratada terá como cometidoo reforzo temporal do apoio administrativo do CESGA, co fin de garantir a adecuada xestión, tramitación, seguimento e control da documentación, expedientes, prazos, xustificacións e comunicacións vinculadas ás actuacións en marcha, prestando apoio ás unidades do CESGA e á relación cos organismos financiadores e demais entidades implicadas, con especial atención ás iniciativas financiadas con fondos NextGenerationEU, á posta en marcha da Fábrica Europea de Intelixencia Artificial 1HealthAI e ao resto de proxectos europeos, nacionais e autonómicos actualmente en execución.
Requisitos
- Titulación: Formación Profesional de Grao Superior na Familia Profesional de Administración e Xestión (ou equivalente).
- Experiencia: Non se require.
- Idiomas:
- Galego: CELGA 3 (ou título de iniciación en lingua galega ou estudos equivalentes homologados).
- Inglés: B1.
- Os/as aspirantes que non estean en posesión do certificado requirido deberán realizar unha proba de nivel.
Duración do contrato e condicións laboráis
- Duración máxima de nove (9) meses.
- Xornada laboral completa de 39 h. en horario de inverno e 35 horas en horario de verán, con flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.
- 22 días de vacacións e días de asuntos propios.
Salario
24.601,22 € brutos anuais en 14 pagas.
Ubicación
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) - Fundación pública pioneira na computación de altas prestacións, situada no centro da cidade de Santiago de Compostela, no campus universitario, pulmón verde da cidade.
Avenida de Vigo, s/n, 15705 - 42º52.539 N 8º33.196 W.
Funcións
O labor do posto será a execución das actividades de ámbito administrativo. Desenvolverá, principalmente, as seguintes tarefas:
- Apoio na tramitación administrativa dos procesos de selección, contratación e formalización de persoal vinculado ás actuacións financiadas con fondos NextGenerationEU, á posta en marcha da Fábrica Europea de IA 1HealthAI e aos demais proxectos en execución, incluíndo o apoio á preparación de convocatorias, xestión de solicitudes e tramitación da documentación asociada.
- Xestión documental de persoal: apertura e mantemento de expedientes, recepción, revisión, arquivo e custodia de documentación laboral, contratos, nóminas, partes de incidencia e documentación complementaria.
- Tramitación administrativa de altas, baixas, modificacións e comunicacións ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o SEPE e demais organismos competentes, en colaboración co Departamento de RRHH.
- Apoio á preparación da documentación de persoal esixida en procesos de verificación, auditoría e control por parte das entidades financiadoras e órganos de control das actuacións financiadas.
- Apoio ás comunicacións internas vinculadas á xestión de persoal, atención a consultas do persoal sobre cuestións administrativas e apoio xeral á actividade do Departamento de RRHH do CESGA.
- Realizará todas aquelas funcións adicionais que se consideren necesarias por parte da Dirección para garantir a adecuada xestión do persoal asociado ás actuacións financiadas con fondos externos e á posta en marcha da Fábrica Europea de IA.
Documentación requirida
Presentar Candidatura
Se estás interesado nesta oferta, completa o formulario de candidatura.
Información importante:
- Revisa todos os campos obrigatorios
- Sube os documentos en formato PDF
- Verifica que o teu email sexa correcto
- Recibirás confirmación por email
Contacto
emprego@cesga.gal
+34 981 56 98 10